Thursday 28 de March de 2024

O prazo de solicitude de bonificación de taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga abrirase mañá


As solicitudes para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2022 poderán presentarse do 1 ao 20 de setembro (incluídos). As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no Rexistro Municipal do Concello –neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas- ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Os impresos a cumprimentar e a información sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre os beneficiarios e beneficiarias destas bonificacións.

As persoas que teñan concedida a bonificación para 2022 e se atopen nas mesmas circunstancias que se tiveron en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo. Nos casos nos que a situación variase ou teñan concedido o 50% da bonificación e cumpren agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para poder incrementar esa bonificación.